Apagamento nas Pontes polo futuro da central térmica

Centos de persoas participan no apagamento convocado esta quinta feira polo comité de crise.
Apagamento nas Pontes (Concello das Pontes)
photo_camera Apagamento nas Pontes (Concello das Pontes)

A vila das Pontes segue en loita diante da posibilidade de peche da central térmica. Tal e como anunciou o comité de crise esta quinta feira tivo lugar no centro da vila, na praza do Carme, un apagamento colectivo que comezou ás 20 horas e no que participaron autoridades municipais, traballadoras e traballadores de Endesa e auxiliares máis a veciñanza. 

A concentración trnsformouse nunha manifestación tras unha pancarta co lema 'Por unha transición xusta na defensa do emprego nas Pontes e comarcas'. Ao remate leuse un manifesto no que se pediu unha solución para a central térmica.

Comentarios