Alcoa tampouco acode á sinatura das actas do feche de consultas do ERE

A multinacional asegura que houbo intimidación na entrada ao lugar da reunión en Lugo

O comié de empresa agardaba á dirección de Alcoa en Lugo (Europa Press)
photo_camera O comié de empresa agardaba á dirección de Alcoa en Lugo (Europa Press)

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao acodiu puntual á reunión convocada pola multinacional do aluminio para finalizar o proceso de consultas polo ERE proposto para as factorías da Mariña.

Representantes dos traballadores e empresa estaban citados ás 10 horas mais a dirección de Alcoa non se presentou asegurando nun comunicado que persoal da planta de aluminio “impediron o seu acceso con intimidación e violencia”.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, criticaba a ausencia da multinacional logo de que tamén se ausentara da xuntanza multilateral telemática convocada pola ministra de Industria, Reyes Maroto. "Necesitamos que alguén arbitre isto", explicaba, "é imposible poder negociar con esta empresa", engadiu. Desde o comité exixen que a autoridade laboral e a Xunta da Galiza "se meta neste proceso e sente connosco tamén".

"Onte comportáronse como auténticos voitres, facéndonos desde o día 4 sufrir como non se ten que facer nun negociación, hoxe queren facerse as vítimas de que sufriron moito e que o pasaron mal, e aquí non hai ninguén", opinou o representante das traballadoras e traballadores de Alcoa San Cibrao.

Comentarios