Alcoa amplía até 4 de agosto a negociación do ERE

O período de consultas do expediente de regulación de emprego finalizaba inicialmente esta sexta feira.

Planta de Alcoa en San Cibrao, no concello de Cervo (Arxina).
photo_camera Planta de Alcoa en San Cibrao, no concello de Cervo (Arxina).

A dirección de Alcoa San Cibrao accedeu a ampliar até o 4 agosto o período de consultas sobre o Expediente de Regulación de Emprego para a fábrica de aluminio na planta de Cervo e que afecta a máis de 500 traballadores.

Segundo fontes sindicais consultadas por Europa Press, o acordo alcanzouse no marco da reunión celebrada desde primeira hora da mañá desta quinta feira entre a dirección e o comité de empresa.

Desta forma, o prazo do período de consultas do ERE que finalizaba inicialmente esta sexta feira queda prorrogado até o  4 de agosto. Empresa e comité acordaron volver reunirse os días 28 e 30 de xullo e 3 e 4 de agosto, segundo fontes sindicais consultadas por Europa Press.

Os traballadores de Alcoa en San Cibrao iniciaron esta segunda feira arranque dunha semana na que, se a empresa non muda de parecer, rematará o período de consultas do ERE que pretende aplicar a multinacional aos 534 traballadores da planta de aluminio primario. 

Comentarios