Afunde un arrastreiro fronte ao Cabo Ortegal

A tripulación do Novo Judiña, 11 persoas, foron resgatadas e trasladadas ao CHUAC.

Na noite do 10 de xaneiro, por volta do 22.30h o Novo Judiña, un arrastreiro con base na Coruña afundiu a 40 millas do Cabo Ortegal por mor dunha vía de auga. 

Após dar a alarma e antes de que o buque afundira, a tripulación (11 persoas) puido botarse á auga nun bote salvavidas. Posteriormente acudiu ao seu resgate o helicóptero Helimer e un mercante que navegaba na zona. 

As 11 persoas foron evacuadas e trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para proceder a un exame médico.

Comentarios