martes 31.03.2020

Adolfo Domínguez amplía o seu ERTE ás 145 empregadas da súa sede central en San Cibrao das Viñas

Un total de 909 traballadores e traalladoras están afectadas, 76% do persoal.

Adriana Domínguez, conselleira delegada de Adolfo Domínguez (Miguel Riopa)
Adriana Domínguez, conselleira delegada de Adolfo Domínguez (Miguel Riopa)

Adolfo Domínguez decidiu ampliar o seu Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) a 909 traballadores e traballadoras, o que representa 76% da cadro de persoal do grupo, segundo informou a firma esta sexta feira á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) .

En concreto, a ampliación inclúe 145 empregadas e empregados da súa sede, situada en San Cibrao das Viñas, e 36 persoas da súa rede comercial en Portugal, que se suman aos 728 traballadores e traballadoras da súa rede de tendas no Estado español .

Segundo explicou a compañía, estanse tomando medidas excepcionais e temporais para proporcionar ao persoal unha cobertura legal e laboral ante a crise do coronavirus, que até o de agora forzou o peche de todos os puntos de venda propios e franquiciados no Estado español, Francia, China, Perú, Kuwait e tamén en Portugal.

Nas plantas e oficinas dos servizos centrais da compañía continúan traballando 190 profesionais, 61% baixo teletraballo.

Así, o ERTE abranguerá até o mes de maio un total de 909 profesionais (728 da rede comercial española, 145 dos servizos centrais da empresa e 36 da rede de tendas portuguesa) no caso de que o peche dos puntos de venda debe prolongarse.

comentarios