Admitido a trámite o contencioso da CIG pola prohibición da manifestación no Foro da Toxa

O TSXG resolverá antes da sexta feira.

Felipe de Borbón no Foro la Toja
photo_camera Felipe de Borbón nunh edición de 'Foro la Toja'

O TSXG admitiu a trámite o recurso contencioso presentado pola CIG pola prohibición da manifestación no Foro da Toxa, segundo informa o sindicato. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza resolverá antes da sexta feira. A CIG tiña previsto desenvolver a mobilización o 1 de outubro, sexta feira, das 10:00 ás 14:00 horas

 O sindicato presentou este contencioso ante o que considera “unha vulneración do dereito fundamental de expresión e do dereito de manifestación”. A subdelegación do Goberno de Pontevedra prohibiu a manifestación convocada coincidindo coa celebración da última xornada do III Foro da Toxa.

“Unha mobilización convocada para denunciar ante os seus responsables a estafa dos prezos da enerxía eléctrica; o peche de oficinas bancarias que a Xunta financia con subvencións a caixeiros; e a grave crise económica, industrial e laboral que padece Galiza”.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, manifestou a súa indignación ante a prohibición desta manifestación, máis cando en anteriores edicións a mobilización se desenvolveu con total normalidade. Considera ademais “indignante que se deneguen mobilizacións da clase traballadora e que, porén, se autoricen, sen pudor algún, manifestacións fascistas e supremacistas ao longo e ancho do Estado”.

Comentarios