domingo 20/09/20

Activada a busca dun tripulante tras aparecer unha embarcación á deriva no Grove

Un veciño de Vilanova que saíu pescar a pasada medianoite e non volveu á casa.
Un barco en augas da Ría de Arousa (Arxina)
Un barco en augas da Ría de Arousa (Arxina)

Equipos de emerxencias por mar e terra percorren a costa do Salnés para tratar de obter algún indicio que leve ao paradoiro do tripulante dunha embarcación achada á deriva no Grove, na Ría de Arousa

Así o informou o 112 Galiza, que sinalou que traballa na zona por mar persoal do Servizo de Gardacostas e de Salvamento Marítimo, mentres que por terra participan voluntarios de Protección Civil de Vilanova e tamén membros do Servizo Local de Emerxencias do Grove.

Aliás, foron avisados os axentes da Policía Local do Grove e da Garda Civil. De momento, a información recollida no 112 Galicia apunta a unha embarcación á deriva en Porto Meloxo, que apareceu sobre as 10:00 horas desta sexta e foi localizada por persoal da Confraría de Pescadores do Grove.

Polo momento descoñécese o paradoiro do seu tripulante, un veciño de Vilanova que saíu pescar a pasada medianoite e non volveu á casa.

Por outra banda, na costa coruñesa outra embarcación con tres tripulantes a bordo sufriu unha avaría e quedou sen goberno. Despois de pórse en contacto co 112 Galiza para informar de que se atopaban en bo estado.

comentarios