90% do persoal secundou a terceira xornada de greve na xustiza

Demandan melloras laborais e a fin das discriminacións que sofren nas súas condicións con respecto ao persoal do resto do Estado

xustiza greve manifestación

A terceira xornada de greve no sector da administración de xustiza en Galiza volveu ter un seguimento masivo. Por volta de 90% dos traballadores e traballadoras, segundo os sindicatos, secundaron o paro, medida coa que se demandaba melloras laborais e a fin das discriminacións que sofren nas súas condicións con respecto ao persoal do resto do Estado. Nunha mobilización que cualifican de histórica no sector, arredor de 2.000 persoas manifestáronse en Santiago ao berro de "Rueda escoita, a xustiza está en loita".

O seguimento no conxunto do país estivo  por riba de 90%, superándose esta cifra en áreas como a de Vigo onde se acadou 98% do seguimento e Santiago e Ourense, onde 95% do persoal foi greve. Así mesmo, calcúlase que na xornada non se puideron celebrar máis de 600 vistas xudiciais.

Á espera do que aconteza nos vindeiros días, as organizacións sindicais manteñen a convocatoria de folga indefinida a partir do 7 de febreiro.

Comentarios