60 días de greve na administración de xustiza e unha loita non decae

O seguimento do paro continúa a ser maioritario. A administración segue sen dar mostras de querer negociar. E este sábado, 7 de abril, manifestación en Compostela.

greve xustiza

Ao é dos 60 días de greve na administración de xustiza e o seguemento da mesma neste colectivo duns 2.700 traballadores e traballadoras continúa a ser, remarcan os sindicatos, moi alto. Miles de xuízos suspendidos e miles de trámites adiados e non hai perspectivas de solución a curto prazo. Basicamente porque desde o resultado da consulta dos sindicatos aos traballadores, a Xunta entendeu que estaba lexitimada para impor a súa proposta, por veces un ‘trágaa’ e por outras un interese en deixar que o conflito se alargue a ver se así cansan os traballadores. A comezos da greve, desde o sindicatos xa advertína que a unta io que procuraba era unha “rendición” máis que unha negociación.

Co goberno galego atrincheirado nunha oferta aos grevistas que vén sendo  un “tómalo ou déixalo”, os traballadores e traballadoras non baixan  os brazos. Mateñen un alto nivel de mobilización, centrado nestes días en acudir aos actos públicos de Rueda e de Núñez Feijóo para entre asubiadas e apupos lembrarlles que eles son os responsábeis da situación actual.

Ademais, e esta cuarta eira, a través dunha concentración quixeron denunciar o papel xogado por determinados medios de comunicación neste conflito (nomeadamente La Voz, perante cuxa sede se concentraron). Responsabilízanos de facer parte dunha estratexia para culpabilizar diante da sociedade ao persoal da administración de xustiza en greve.

Manifestación

Este ´sabado, 7 de abril, Compostela acollerá unha nova manifestación de traballadores e traballadoras da administración de xustiza de Galiza. sairá ás 12:00 horas da Alameda para finalizar na Praza da Quintana.

Comentarios