5 de abril: greve de 24 horas nos centros de chamadas da Galiza

A negociación de convenio colectivo está paralizada 450 días despois de que este vencese. “E a situación que viven as teleoperadoras e teleoperadores continúa empeorando”, denuncian desde a CIG, convocante do paro.

telemarketing cig

A CIG convoca unha xornada de greve nos Centros de Chamadas para esta terza feira, 5 de abril. O sindicato nacionalista,, primeira forza no sector, lembra que xa van máis de 450 días do vencemento do Convenio colectivo. A negociación do Convenio Colectivo Estatal de Contact Center (centros de chamadas) está bloqueada. Após 15 meses dende o inicio da negociación “non houbo un só avance”, afirma a CIG. “Mentres a situación que viven as teleoperadoras e teleoperadores continúa empeorando”.

O baixo nivel de ingresos, afirma a CIG, agravado polos contratos a tempo parcial, fai que boa parte do cadro de persoal entre dentro do que se coñece como “ttraballador pobre”. O persoal que non ten dereito a caer enfermo, os despedimentos por estar de baixa son habituais, engade. Os horarios e quendas, “sometidos a cambios arbitrarios, dificultan a conciliación da vida persoal e laboral. Malia tratarse de grandes empresas moi feminizadas ningunha conta con servizos de garderías. Os malos modos por parte de mandos incapaces e escasamente formados, e as descualificacións e incluso insultos, son habituais”.

Fronte a esta situación de precariedade, as grandes empresas e  multinacionais que subcontratan a través deste sector numerosos servizos, presentan beneficios multimillonarios e as empresas de telemárketing incrementan a facturación e os beneficios e deslocalizan gran parte do emprego a terceiros países.

O 5 de abril terá lugar unha greve de 24 horas. Coincidindo coa mesma, está convocada unha manifestación en Vigo que partirá ás 12:00 horas de Unísono na Gran Vía 110, para rematar en Bosch na rúa María Berdiales 20. Na Coruña está convocada unha concentración ás 12:00 diante da Delegación do Goberno e en ourense esta convocada concentración no parque tecnolóxico das 14:00 as 15:00

Comentarios