O 37% dos mariñeiros galegos en pesqueiros franceses cotizan xa no país galo

Son 179 dos 479 que trabalan neses pesqueiros. En 2015 París decidiu que estes mariñeiros tiñan que cotizar en Francia.

Mar pesca barco Mikel arrazola
photo_camera M. Arrazola

O 37% dos mariñeiros galegos que traballan en buques pesqueiros de bandeira francesa (mais de capital español) xa se deron de baixa do rexime especial de traballadores do mar da Seguridade Social para pasar a cotizar no seu homólogo galo, ENIM. Son, informou a Consellaría do Mar, 179 dos 479 mariñeiros galegos, que faenan en 53 barcos nesa situación. Pesqueiros de portos como Celeiro, Burela, Marín, A Coruña ou Vigo.

A ENIM obriga estes mariñeiros a cotizar a través dela desde o pasado 15 de xaneiro. Esta obriga xa fora anunciada por París en 2015, alegando que en inspeccións detectaran que mariñeiros galegos en barcos con bandeira francesa, e armadores españois, cotizaban como autónomos.

Estes mariñeiros galegos que xa cotizan en GFRancia pasarán cobrar a súa pensión do país galo. Teñen garantida asistencia sanitaria no Estado español, onde viven, mais coa tarxeta de desprazados.

Comentarios