14 de xaneiro: folga en Endesa e na industria auxiliar

Rexeitan a solicitude de feche da central das Pontes.

asemblea endesa folga
photo_camera Imaxe da asemblea (CIG)

Persoal da industria auxiliar da central térmica de Endesa acordou convocar unha xornada de folga para o vindeiro 14 de xaneiro para rexeitar a solicitude de peche das instalacións das Pontes. Tamén decidiron retomar as concentracións que tiñan lugar as cuartas feiras na rotonda de Vilavella.

A decisión foi adoptada na asemblea convocada pola CIG, CCOO e UGT para valorar a solicitude de peche cursada pola dirección de Endesa diante do Ministerio de Industria, criticando que esta se pedise antes sequera de saber “se é posíbel continuar coa actividade facendo uso de combustíbeis alternativos ao carbón”.

“Tamén demandamos a convocatoria formal da mesa da transición enerxética, na que teñen que participar o Estado, a Xunta, o Concello, a empresa os sindicatos e outros axentes sociais”, explica Alberte Amado, da CIG-Industria.

Comentarios