Un Primeiro de Maio con olor a greve xeral

Galiza acollerá diversas mobilizacións polo Día internacional da clase obreira.

[Imaxe: GZ Foto] 1 de Maio de 2016
photo_camera [Imaxe: GZ Foto]

Os sindicatos presentan lemas, motivos e mobilizacións polo Primeiro de Maio, o Día internacional da clase obreira. “Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas” é a palabra de orde da CIG, que convoca manifestacións en 13 cidades e vilas galegas. O sindicato fai un chamamento a camiñar cara a unha greve xeral “no convencemento de que é a resposta necesaria” ante a situación que estamos a vivir.

A  CIG alerta do avance da pobreza laboral da precariedade e da temporalidade, de ETTs, de empresas multiservizos, coa imposición dos falsos autónomos … Denuncia que  ter un traballo “non garante vivir en condicións dignas” e advirte de que vivimos “tempos de emerxencia nacional e social”. Por isto este Primeiro de Maio a CIG fai un chamamento a camiñar cara unha folga xeral, “conscientes do que significa”, pero no convencemento de que “é a resposta necesaria ante o que estamos a vivir”.

Mobilizacións convocadas CIG

Pontevedra. Praza da Ferrería 11:30h

Vilagarcía. Casa do Mar 12h

A Estrada. Praza do Mercado 12h

Lugo. Edificio Sindical (Ronda da Muralla) 12h

Ribadeo. Edificio Sindical (Avda. Da Galiza) 12h

A Coruña. Praza de Vigo 12h

Cee. Diante do Concello 12h

Ferrol. Local da CIG - Avda de Esteiro 12h

Compostela. Praza Roxa 12h

Ribeira. Praza do Peixe 12h

Vigo. Dobrada 12h

Cangas. Praza do Concello 18:30h

Ourense.  Praza Maior 11:30h

Tempo de gañar

CCOO e UXT convocan diferentes manifestacións co lema “Tempo de gañar”. Estes sindicatos indican que embora a economía española leve catro anos de medre e de que hai máis empresas con beneficios ca antes da crise, “a desigualdade e a pobreza aumentan”.

Mobilizacións:

A Coruña. 12:00 horas. A Palloza

Ferrol. 12:00 horas. O Inferniño.

Santiago. 11:30 horas. Alameda.

Lugo. 12:30 horas. Ronda da Muralla.

Viveiro. 12:00 horas. R / García Doriga

Ourense. 12:00 horas. Pavillón sdos Remedios.

Vilagarcía. 12:00 horas. Praza Ravella.

Pontevedra. 12:00 horas. Ferreiría.

Vigo. 12:00 horas. Cruzamento Urzáiz e Vía Norte.

Unindo loitas cara a folga xeral

"Unindo loitas cara a folga xeral. Pan, Teito e Traballo" é o lema da CUT para este Primeiro de Maio.

Vigo- 11:00 h, Praza Fernando Católico

Ourense- 12:00 h, Ponte Romana

Coruña- 12:30 h, Praza de Pontevedra

Compostela- 19:00 h, Praza 8 de Marzo

Xustiza social e laboral

A CNT convoca manifestación en Compostela. Será ás 12:30 horas e con saída da Praza 8 de Marzo co lema ‘Avanzamos pola xustiza social e laboral’. “CNT quere manter viva a flama da protesta, para manter o pulso ao goberno da mordaza, da conxelación das pensións e salarios, as reformas laborais, a precarización dos servizos e persoal público e o machismo institucional”.

En ampliación

Comentarios