Pilar García Negro escribe sobre "la amiga del Rey"

A profesora de Lingua e Literatura galegas da UDC Pilar García Negro publica no número 31 do semanario Sermos Galiza unha reflexión ao fío de a imprensa española nomear a aristócrata Corinna zu Sayn-Wittgentsein como "la amiga del rey".

O artigo, intitulado O que Manda España, comeza así:

Como verán, utilizo á mantenta o verbo "mandar" no duplo sentido de dominio e de envío, porque as consignas ou palabras de orde a que me vou referir encaixan e cadran coas dúas significacións. A raíz de o Xefe do Estado andar de cazata por terras africanas merecentes de maior fortuna, os meios de comunicación airearon a presenza-existencia dunha princesa alemá, seica de nome Corinna (supomos que nada a ver coa heroína literaria homónima) acompañante do interfecto. Após o pedido de "perdón" do monarca en sede hospitalaria, non se volveu mencionar, até que reaparece nestas datas seica implicada nun dos procesos xudiciais que atinxen ao xenro do devandito.

A íntegra do artigo téndela nos vosos quiosques, co resto dos contidos do número 31 do semanario!

Máis en Sociedade
Comentarios