AS MEDIDAS APLICARANSE EN OUTUBRO

Francia lanza un plan contra o acoso sexual ás mulleres no transporte público

Francia estima que o 100 pro cento das usuarias do transporte público xa foron asediadas dentro de metros e autobuses. De aí que decida desenvolver un plan contra o acoso sexual que sofren as mulleres no transporte público.

Cartel do metro francés
photo_camera Cartel do metro francés

Para acabar co acoso sexual que padecen as mulleres no transporte público, Francia anunciou que creará un plan contra este asedio. As medidas deste proxecto, que comezará a aplicarse en outubro, son divididas en tres partes: prevención, con campañas para concienciar o público para o problema; reacción, a través de servizos de alerta eficientes; e sensibilización, con profesionais capacitados e capacitadas para manexar o problema nun ambiente non sexista.

Os datos das enquisas son alarmantes. O Alto Consello de Igualdade entre mulleres e homes entrevistou 600 mulleres na rexión parisiense e concluíu que o 100% das usuarias de transporte público xa foron vítimas de acoso sexual dentro dos metros e autobuses do país. Trátase, segundo este órgano, dun fenómeno amplamente minimizado ou normalizado.

Bélxica ou Arxentina están traballando na mesma liña

O plan, que prevé sancións económicas para os acusados, fai visíbel un fenómeno que até está a ser tolerado. Francia non é o único país que pon sobre a mesa as actitudes machistas no transporte público. Bélxica xa desenvolveu unha lei contra o sexismo en espazos públicos e na Arxentina presentáronse tres proxectos de lei contra o acoso sexual nas rúas.

A campaña francesa espera sensibilizar o pobo sobre a importancia de denunciar e pretende fomentar as testemuñas a tomar partido da vítima, sexa denunciando o agresor directamente ou demostrando apoio á vítima para que entenda que non está soa.

Máis en Sociedade
Comentarios