A Xustiza envía a prisión comunicada e sen fianza o detido polo asasinato machista da Coruña

O home, de 48 anos, foi arrestado en Madrid na noite da quinta feira. Esta a ser investigado como presunto autor da morte da súa parella, unha muller de 52 anos, no barrio coruñés do Birloque. Este sábado miles de persoas concentráronse en 35 vilas galegas en repulsa polo que se considera o primeiro feminicidio do ano na Galiza.
Xornalistas xunto ao edificio no que residía a vítima. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Xornalistas xunto ao edificio no que residía a vítima. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Comentarios