A Xustiza condena o Sergas a indemnizar unha familia por "mala praxe" nun parto

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza considera que a presenza do xinecólogo, presente no hospital mais ausente no parto, era "imperativa" tras detectárense complicacións. O Sergas deberá indemnizar con 70.000 euros a familia en atención aos coidados da crianza, que presenta 15% de minusvalía.
Matrona_Efesalud
photo_camera O Alto Tribunal galego destacou a rapidez da actuación da matrona, ao tempo que condenou o Sergas pola ausencia do xinecólogo (Imaxe: EFE Saúde)
Comentarios