A Xunta vacina contra a Covid-19 a unha alcaldesa do PP á que non lle correspondía nesta quenda

A rexedora de Boimorto, a popular María Xesús Novo, explicou a elDiario.es que intentou resistirse a recibir a dose pero que a aproveitou porque lle dixeron que "se non habería que tirala". O BNG xa pediu explicacións por este feito "moi grave e inxustificábel" e a oposición en conxunto pide a dimisión.
Imaxe de arquivo de María Xosé Novo, a dereita, coa conselleira Fabiola García nunha visita ao centro de día da localidade. (Foto: Xunta da Galiza)
photo_camera Imaxe de arquivo de María Xosé Novo, a dereita, coa conselleira Fabiola García nunha visita ao centro de día da localidade. (Foto: Xunta da Galiza)
Comentarios