Así o asegura a directora do centro

A Xunta tardou catro días en autorizar a hospitalización de residentes de DomusVi San Lázaro

Unha carta enviada pola directora da residencia DomusVi San Lázaro, en Compostela, ás familias das persoas usuarias, e á que tivo acceso en exclusiva Nós Diario, sinala que a Consellaría de Sanidade tardou catro días en dar o visto e prace aos traslados de usuarias e usuarios contaxiados aos hospitais. Tamén asegura que o Goberno galego excluíu das derivacións a centros hospitalarios os grandes dependentes e sinala que non recibiron os tests PCR até o 3 de abril, "14 días despois do brote... sen palabras".
Familiares acudiron o día 15 de xuño a visitaren residentes nas instalacións de DomusVi San Lázaro, en Compostela. Imaxe: Arxina
photo_camera Familiares acudiron o día 15 de xuño a visitaren residentes nas instalacións de DomusVi San Lázaro, en Compostela. Imaxe: Arxina
Comentarios