Recortes no ensino

A Xunta suprime 6 escolas unitarias e 67 unidades educativas

Á volta do verán a Galiza contará con 6 escolas unitarias menos baixo a escusa de non chegaren a contar con 6 matrículas cada unha delas. Ademais, a Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional elimina para o curso 2019/2020 até 67 unidades de educación infantil, primaria e educación especial. Pola contra, só crea 25 unidades educativas novas.

A comunidade educativa da escola unitaria de Verducido denunciou o desmantelamento deste centro de ensino por parte da Xunta
photo_camera A comunidade educativa da escola unitaria de Verducido denunciou o desmantelamento deste centro de ensino por parte da Xunta
Comentarios