“Nation” e “pays”. Nación e país. Esas son as dúas cualificacións que o Festival de Lorient, en Bretaña, emprega con normalidade para se referir a Galiza, que é o país de honra nesta edición da cita do mundo celta máis importante do mundo, que reúne miles de persoas procedentes de diferentes países.
A propia web oficial de Cultura da República francesa recolle que Galiza é a “nación de honra” nesta 49 edición do Festival, que leva realizándose medio século e reúne 4.500 artistas de Irlanda, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles...
Porén, a Xunta parece non gostar deste recoñecemento e, na súa conta oficial, informaba que Galiza é “territorio de honra”, non “nación de honra” ou “país” como a cualifica o Festival, no encontro do mundo céltico. Unha actitude que xa foi reprochada nas redes sociais.
Nesta web oficial da República Francesa (com tudo o que isso implica) chamam com toda normalidade à Galiza “nation” e “pays” e algum pailaroco com cargo decidiu traduzi-lo como “territorio”. https://t.co/Mdo06L05qy
— 🦉 (@Cascarelo) August 4, 2019