A Xunta quere iniciar o curso o 10 de setembro

A Consellaría de Educación quere iniciar o curso o 10 de setembro e convocou xa a mesa sectorial para a terza feira, 16 de xuño, para analizar cos sindicatos o calendario. As centrais sindicais lamentan que a Xunta só queira falar de datas e non de medidas de prevención e protección.

A Consellaría de Educación propón comezar as aulas o 10 de setembro (Imaxe: Jesús Hellín / Europa Press)
photo_camera A Consellaría de Educación propón comezar as aulas o 10 de setembro (Imaxe: Jesús Hellín / Europa Press)
Comentarios