A Xunta non move ficha sobre a avaliación: A eutanasia no ar a 10 días da entrada en vigor da lei

O 25 de xuño entra en vigor a Lei 3/2021, de 24 de marzo,de regulación da eutanasia. Malia o disposto na lexislación, a Xunta da Galiza continúa sen desenvolver a normativa complementaria prevista e constituír o organismo de avaliación fixado na lei. Así as cousas, profesionais sanitarios e colectivos en defensa dunha morte digna observan con preocupación a situación e esixen á administración que cumpra os prazos. Ao tempo, temen que unha obxección de conciencia masiva por parte dos facultativos impida o seu dereito efectivo.
Homenaxe a Ramón Sampedro na praia das Furnas, Porto do Son, con motivo do Día da morte digna de 2019. (Foto: Europa Press) #eutanasia #leideeutanasia #dereito #mortedigna #suicidioasistido
photo_camera Homenaxe a Ramón Sampedro na praia das Furnas, Porto do Son, con motivo do Día da morte digna de 2019. (Foto: Europa Press)
Comentarios