A realidade nas UCI desmente os datos da Xunta

A ocupación de camas de coidados intensivos nos hospitais galegos vai en aumento. Por terceira xornada consecutiva, a hospitalización de doentes críticos bate un novo récord desde o inicio da pandemia. Mais os cálculos da Xunta para informar da presión asistencial nestas áreas non responden á realidade de postos dispoñíbeis. Estima en máis de 750 camas a capacidade do sistema galego para dar resposta ás necesidades da Covid, pero a maioría non accesíbeis. Así, reduce o impacto real do coronavirus no sistema sanitario galego.
Unha persoa  con Covid-19 recupérase nunha Unidade de Coidados Intensivos. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)
photo_camera Unha persoa con Covid-19 recupérase nunha Unidade de Coidados Intensivos. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)
Comentarios