A Xunta desouve a petición para reclamar os 11,7 millóns "eximidos" a Greenalia

A denuncia de Adega contra a Xunta por "trato de favor" á empresa enerxética Greenalia chegou esta cuarta feira á Cámara, mais o Goberno galego preferiu non pronunciarse. O BNG solicitou a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, para explicar o que Luís Bará definiu como “caso Greenalia”.
A directiva de Greenalia, Beatriz Mato, asinando un convenio co alcalde de Ourol, en relación cun parque eólico denunciado por Bará (Foto: Nós Diario).
photo_camera A directiva de Greenalia, Beatriz Mato, asinando un convenio co alcalde de Ourol, en relación cun parque eólico denunciado por Bará (Foto: Nós Diario).
Comentarios