A Xunta deixa CUAC sen sanción económica, mais confirma a súa expulsión da FM

Arquivado o procedimento sancionador aberto en setembro contra a radio comunitaria coruñesa CUAC FM, ao ter aceitado a Xunta as alegacións formuladas polo Colectivo de Universitarios Activos. Non haberá multa, mais si se mantén a prohibición de emisión en FM. CUAC FM continuará confinada ás emisións na rede.

cuac FM
photo_camera Acción de protesto contra a expulsión de CUAC da FM