A Xunta debe 918 millóns as empresas adxudicatarias do hospital Álvaro Cunqueiro

A Xerencia da área sanitaria de Vigo conmemorou onte o sétimo aniversario da inauguración do hospital Álvaro Cunqueiro. A obra e unha parte da xestión foron adxudicadas a unha unión temporal de empresas (UTE) liderada por Acciona e polo grupo Puentes, presentando un importante sobreprezo final. A Xunta da Galiza acumula a día de hoxe unha débeda por esta actuación de 918,19 millóns de euros.

Vista do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. (Foto: Sergas)
photo_camera Vista do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Foto: Sergas).
Comentarios