A Xunta da Galiza autorizou só nos dous últimos meses 1.309 MW eólicos

Galiza dispón dunha potencia eólica instalada de máis de 3.900 megawatts. O Goberno galego autorizou só nos últimos dous meses e medio outros 1.309 megawatts, o que significa un incremento da capacidade de xeración de 33,8% en relación a 2021. Máis de 11.700 megawatts atópanse en fase de tramitación.
Os beneficios da produción eléctrica non rematan no territorio que produce, senón nas empresas propietarias dos parques enerxéticos.(Foto: Europa Press)
photo_camera Parque eólico nun espazo da Rede Natura na Serra do Xistral (Foto: Europa Press).
Comentarios