A Xunta contempla ampliar o horario dos restaurantes até as 22.30 e atrasar o toque de recoller

O Goberno galego trasladou na quinta feira ao sector da hostalaría que o Comité Clínico que asesora a Xunta en materia de sanidade analizará na terza feira ampliar o horario dos restaurantes até as 22.30 e, en consecuencia, atrasar o toque de recoller ás 23 horas.

Unha terraza da Coruña, nesta sexta feira, cunha grande afluencia con motivo do San Xosé (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Unha terraza da Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
Comentarios