A Xunta adía as oposicións educativas a 2021. Así o vén de anunciar a conselleira no Parlamento. Após semanas de clamor por parte de miles de opositores e opositoras, sindicatos e oposición, a Consellaría finalmente atendeu a razóns.
Carmen Pomar, a conselleira, entendeu finalmente que non se daban as razóns sanitarias nin temporais para facer unhas probas destas características, que reúnen miles de persoas que durante meses e anos preparan estas oposicións.
Mais Pomar defendeu a postura mantida até agora pola Xunta de manter esas oposicións por, dixo, "respecto", ás opositoras. Xustificou que se adiasen pola incerteza que xera a crise sanitaria e as medidas de confinamento.
E aí morreu o conto para a conselleira, que non aclarou máis. Nin concretou o novo calendario nin acalarou se manteñen ou non as prazas previstas até o de agora
A oposición considera que a decisión de adiar estas oposicións é correcta mais chega tarde, lembrándolle que Galiza era a única autonomía que xogaba a carta de manter a convocatoria e que a demanda de aprazamento era claramente maioritaria.
O pasado 8 de abril a Xunta reiteraba que mantiña as oposicións e o rexeitamento a tal medida foi ampla. Tamén daquela a conselleira falaba de "respecto ás opositoras" para mantr a convocatoria, Curiosamente, miles de opositoras demandaban da dministración galega precisamente o contrario, que as adiase.
Algo que tamén demandaban os sindicatos. As principais organizacións sindicais do sector (CIG- Ensino, Comisións Obreiras Ensino, ANPE e FeSP-UXT), emitiran un comunicado conxunto no que reflectían o seu rexeitamento "unánime" a esta medida e exixían a convocatoria "urxente" da mesa sectorial. Suso Bermello (CIG-Ensino) considerou "unha irresponsabilidade enorme" e "un auténtico despropósito" a medida tomada polo Goberno galego.
En ampliación