A Xunta adía o inicio do curso no ensino secundario

A Consellaría de Cultura, Educación e Universidade decidiu adiar unha semana o inicio do curso en Secundaria. A protesta en bloque exercida por centros de ensino de Compostela, Pontevedra e A Coruña obrigou a Xunta a atrasar até o día 23 a apertura das aulas, que se han de adaptar ao contexto da Covid-19 atendendo a criterios renovados, os terceiros en menos de dous meses. Malia o prazo extra para organizar o regreso aos institutos, direccións e profesorado sinalan falta de información e concreción.
Estudantes de Bacharelato do IES Vilar Ponte de Viveiro durante as probas da ABAU (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Estudantes de Bacharelato do IES Vilar Ponte de Viveiro durante as probas da ABAU (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios