Lago Louro, titular do Xulagdo de Instrución nº3 de Compostela, desestimou todos os recursos presentados en contra do peche da instrución polo sinistro do tren Alvia que tivo lugar o 24 de xullo de 2013 en Angrois e no que faleceron 80 persoas. O pasado mes de outubro, no auto co que deu por pechada a investigación xudicial, o maxistrado estableceu o maquinista, Francisco Garzón Amo, como único imputado polo sinistro. Doce representacións legais interpuxeron recursos en contra deste auto e agora, noutro auto, Lago Louro, en 32 folios, rexeita, un por un, a ducia de recursos- E faino botando man de argumentos comoque "o obxecto da instrución non é o de efectuar dilixencias, senón exclusivamente aquelas que (...) permitan preparar o futuro xuízo oral". Este é un dos preceptos máis repetidos polo xuíz, ao que as distintas partes posicionadas na causa demandan novas probas e testificales. "O obxecto da instrución non é o de efectuar dilixencias, e cantas máis mellor", chega a apuntar. "Senón o esclarecemento duns feitos que revisten aparencia penal de cara á preparación dun futuro xuízo oral", agrega.
Tanto o avogado do maquinista como asociacións de vítimas xa amosaron a súa disconformidade e malestar co auto do xuíz, do que discrepan abertamente.