Xornalismo necesario é o título xenérico desta entrega do A Fondo, o caderno de análise do noso semanario que esta quinta feira atinxiu o seu número 144. Coordenado polo director do meio, Xosé Mexuto, este A Fondo analisa o estado do xornalismo na Galiza desde diferentes focaxes e empresta unha especialísima atención a aquel que, como Sermos, está vocacionado para construír un espazo galego de comunicación, naturalmente en galego.
Colaboran neste número Manuel Veiga, escritor e xornalista, ex director de A Nosa Terra; Dani Candal, responsábel da Rede Galega de Vídeo Blogues; Rebeca Romero, xornalista á que podedes ler en annemerkel.org e planetasaturno.me; Adrián Ferro, estudante de xornalismo na USC e Rocío Castro, xornalista de Sermos especializada en información cultural e ex directora de Vieiros.
Podedes facervos con este A Fondo mercando o número 200 do Sermos nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.