Antón Acevedo: "O virus non desapareceu polo feito de que se estean a levantar as medidas"

Os especialistas en Medicina Preventiva do Sergas Antón Acevedo e José Uribe lembran, en conversa con Nós Diario, a necesidade de respectar as distancias físicas de seguridade e extremar as precaucións agora que se flexibilizan as medidas de desconfinamento. O virus segue presente e continúanse a detectar novos contaxios, polo que os encontros en terrazas ou fogares deben acompañarse de precaución. 
Un comercio local da Coruña durante a fase 1 do desconfinamento (Imaxe: Europa Press)
photo_camera A probabilidade dun contaxio é maior en espazos fechados, nos que as profesionais da saúde chaman a extremar a cautela (Imaxe: Europa Press).
Comentarios