A fin das restricións sanitarias por mor da pandemia da Covid-19 disparou as peregrinacións a Santiago de Compostela logo de dous anos nos que os rexistros baixaron. De feito, o pasado 24 de xullo selou a 'Compostelana' na Oficina do Peregrino o camiñante número 200.000. Nunca antes se alcanzara a estas alturas do ano esa cifra.
Esta afluencia masiva de peregrinos e peregrinas, impulsada pola prolongación do Ano Xacobeo até decembro de 2022, está a provocar as queixas de veciñanza picheleira por mor do ruído e a ocupación das rúas.
pic.twitter.com/mNDIxTQAsy — Rubén Cela (@rubencela) August 3, 2022
Sucédense nas redes sociais as imaxes de grupos de gran tamaño de peregrinos cantando e berrando, mesmo obstaculizando o tráfico, desde as primeiras horas da mañá polo casco vello da cidade.
Cada vez son máis numerosos os megagrupos de peregrinos que entran en Compostela coma o cabalo de Atila. Tamén somos cada vez máis os veciños molestos cun modelo de turismo a granel e un estado de Xacobeo permanente que son incompatibles coa nosa vida cotiá. Isto ten que mudar. pic.twitter.com/q7UOqetumN
— Iago Lestegás Tizón (@iagolestegas) July 26, 2022
Unha usuaria de Twitter denuncia que tres cabalos ficaron 'aparcados' diante da Igrexa de Santa María de Salomé, en pleno centro histórico, cuxa conservación motivou a declaración de Compostela como Patrimonio da Humanidade.
Esta mañá en Salomé...
— serióloga (@seriologa) August 2, 2022
Patrimonio da Humanidade e cortello de peregrinos. pic.twitter.com/1JyxpBCDob
Mais non só se producen estas circunstancias nas rúas máis céntricas, senón que os cánticos poden escoitarse a varios quilómetros de distancia. "As veciñas somos atrezzo da súa experiencia mística", lamenta outra persoa nas redes sociais.
Santa Marta. Barrio a 2km da Catedral
— Andrea S.P. (@andreazaporieis) August 3, 2022
Levamos tamén días tendo que soportar a estes grupos de respetuosos e ilusionados peregrinos incontinentes de emoción cos que temos que ter a máxima empatía porque as viciñas somos atrezzo de su experiencia mística pic.twitter.com/y5bpbtcYwV
Decálogo de boas prácticas
Varios colectivos veciñais de Santiago situados na entrada á cidade polo Camiño Francés levan tempo denunciando a multiplicación de persoas peregrinas que transitan polos barrios sen ter en conta a vida diaria da súa poboación.
Por este motivo realizaron un "Decálogo de boas prácticas" que distribuíron por este último treito do camiño. Nel piden “respectar os nosos espazos e as nosas formas de vida” e que a euforia pola chegada “non interfira nos nosos ritmos de vida”. Indican que “os berros e os cánticos a voces alteran o noso descanso e son desagradábeis”.