As veterinarias reclaman o status de autoridade sanitaria

Profesionais da veterinaria da Galiza manifestáronse para reclamar unha mellora das súas condicións laborais, que segundo din, repercutirá na calidade da saúde pública. Con todo, a dignificación do seu status profesional centra o seu obxectivo. Piden o recoñecemento como autoridade sanitaria. «A sociedade queda con esa imaxe habitual das veterinarias e non reparan no labor de control que desenvolvemos nas industrias alimentarias, en matadoiros, centros escolares ou restaurantes», explica Luís Núñez, presidente do Consello Galego dos Colexios Veterinarios a Galiza.

 

veterinarios autoridade sanitaria ok
photo_camera As clínicas veterinarias reclaman a redución do IVE, de 21% desde 2012.
Comentarios