Verín, pola dignidade profesional e da sanidade pública

O 30 de novembro de 2019 a bisbarra de Verín saíu á rúa en masa para defender o futuro da sanidade pública comarcal. Esa convocatoria, anterior ao anuncio por parte do Sergas do feche do paritorio e das urxencias pediátricas do hospital local, converteuse na primeira gran manifestación pola continuidade de ambos os dous servizos. Un ano despois, a veciñanza volveuse xuntar por unha sanidade digna, de calidade e libre de represalias. Desta forma, a comarca ofreceu o seu apoio unánime ao xefe de Xinecoloxía expedientado por Sanidade. 
Concentración en apoio a Javier Castrillo diante do Hospital Público de Verín (Rosa Veiga / Europa Press).
photo_camera Concentración en apoio a Javier Castrillo diante do Hospital Público de Verín (Rosa Veiga / Europa Press).
Comentarios