A valedora pide "perspectiva de xénero" na habilitación de aseos públicos para evitar episodios como na Maruxaina

A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, instou o Concello de San Cibrao a que actúe con "perspectiva de xénero" na planificación das infraestruturas e servizos públicos co fin de evitar que se repitan as gravacións sen consentimento a 87 mulleres ocorridas mentres ouriñaban durante as festas da Maruxaina de 2019 en San Cibrao, que foron colgadas en webs pornográficas.

Manifestación convocada en San Cibrao, en Cervo, en apoio ás 87 mulleres afectadas polas gravacións das festas da Maruxaina (Foto: Bumei)
photo_camera Manifestación convocada en San Cibrao, en Cervo, en apoio ás 87 mulleres afectadas polas gravacións das festas da Maruxaina (Foto: Bumei)
Comentarios