O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) denegou a petición da Xunta e rexeitou finalmente a solicitude de autorización xudicial presentada polo Goberno galego para poder esixir o certificado covid para acceder a locais de hostalaría nos municipios con niveis alto e máximo de incidencia.
O tribunal notificou na mañá deste sábado a parte dispositiva dun auto cuxo contido íntegro, sinala o TSXG, darase a coñecer nos próximos días.
A decisión é unha nova labazada para o Goberno de Núñez Feixoo. O Executivo galego ratificaba esta sexta feira nas resolucións do Diario Oficial de Galiza que a hostalaría e o lecer nocturno estarían exentos polo momento de pedir o certificado Covid despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) decretase que non ten vixencia ao non ser solicitada autorización xudicial previa.
Fontes da Xunta trasladaron esta sexta a Europa Press que hai un plan ' b' a través dunha orde de medidas específicas que a terza feira haberá un axuste de capacidade na hostalaría e mesmo o peche de establecementos nos municipios cun nivel máis elevado de incidencia do virus.