O TSXG avala o toque de recoller nos concellos perimetrados na Galiza e os límites en reunións

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) avalou as restricións propostas pola Xunta ao considerar que son "proporcionadas". En calquera caso, o alto tribunal advirte ao Goberno galego que non forneceu datos suficientes como para ter un xuízo completo da situación. Así, pide que no futuro as consideracións vaian acompañadas de estudos, estatísticas e outros documentos que as amparen.
Varias persoas comparten mesa nunha terraza da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Varias persoas comparten mesa nunha terraza da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
Comentarios