O prezo do gasóleo incrementouse en 52,5% nun ano, alcanzando onte 1,80 euros

Os transportistas votan a favor de continuar o paro

A folga de transporte por estrada entra no seu sétimo día. Os efectos déixanse notar en diferentes esferas da economía e os transportistas insisten en continuar coas súas reivindicacións. O incremento do prezo do gasóleo en 52,5% no último ano fai "inviábel" continuar coa actividade a moitas empresas e autónomos.

As e os transportistas que secundan o paro indefinido no sector percorreron esta quinta feira Ourense até chegar á sede da Subdelegación do Goberno (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
photo_camera As e os transportistas que secundan o paro indefinido no sector percorreron esta quinta feira Ourense até chegar á sede da Subdelegación do Goberno (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
Comentarios