As vilas e aldeas da comarca de Bergantiños non cesan na súa loita contra o proxecto mineiro que as ameaza. Após meses de manifestacións artelladas arredor das plataformas en defensa do territorio, este domingo unha tractorada percorrerá as rúas das vilas de Cereo e Valenza para exixir o dereito do sector agrogandeiro a continuar desenvolvendo a súa actividade.
A instalación da mina suporía graves danos ecolóxicos, mais tamén agrícolas, ao introducir prerigosas substancias químicas directamente na terra (como as balsas de lixiviación e flotación ou os verquidos de arsenio e cianuro empregados na extracción do ouro). As explotacións gandeiras que se asentan na zona e @s [email protected] da sonada pataca de Coristanco --que posúe o selo de calidade Denominación de Orixe Pataca da Galiza-- aseguran que a aprobación da licenza mineira deixará un futuro incerto para esta comarca. Pola súa banda, os sindicatos agrarios tíldano de "terrorifico".
Os procedementos empregados para levar adiante a extracción mineira en Corcoesto suporán graves prexuízos para a saúde humana, como veñen denunciando as plataformas desde que se deu a coñecer o proxecto, mais tamén para o principal sector económico sob o que se asenta a actividade da maior parte da veciñanza da zona. Neste senso, o domingo ás 11.00h ducias de tractores sairán ás rúas para exixir os seu dereito a vivir e traballar da terra. O Bloque Nacionalista Galego e a Alternativa Galega de Esquerda anunciaron que apoiarán a convocatoria e convidan á cidadanía a se sumar á manifestación na que poderán participar todo tipo de vehículos.