O toque de recoller adíase ás 23 horas

Na súa comparecencia desta cuarta feira, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, confirmou as sospeitas dos últimos días arredor da ampliación do toque de recoller nunha hora. Unha medida que alén de darlle máis liberdade de movementos á cidadanía permite aos negocios de restauración comezar a ofertar ceas, asumindo unha serie de condicionantes. Porén, a ampliación horaria non afecta a outros locais hostaleiros. 
Unha persoa practicando deporte na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Unha persoa practicando deporte na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Comentarios