Elas toman a palabra: "O Estado quere punir as mulleres polos corpos que habitan"

Da man de dous dos colectivos que integran a Plataforma galega pola defensa do dereito ao aborto --Mulheres Nacionalistas Galegas e Conas Ceives-- o feminismo responde ao ministro de Xustiza español. Elas toman a palabra para reaxiren ás declaracións de Alberto Ruíz Gallardón. "O aborto é un dereito", sinalan, "é o bastión dentro dos dereitos reprodutivos" das mulleres. Vídeo no interior.

Vigo 1983
photo_camera Manifestación polo dereito ao aborto. Vigo, 1983
Comentarios