sábado 16/10/21

Tania Sánchez, cooperativa Outonía: "Nutrímonos dos coñecementos que xa hai e fuximos da idea de que somos expertas"

Tres mulleres asentadas nos territorios de alta montaña, como son o Macizo Central, Trevinca e O Courel, decidiron crear Outonía, unha cooperativa de educación social e sustentabilidade rural. Tania Sánchez, Araceli Macías e Paula Carrera cren na potencialidade da educación e na identidade destas zonas. Traballan eidos como a ética dos coidados, a participación e o desenvolvemento comunitario, a sustentabilidade ambiental ou a igualdade e as diversidades.
As educadoras sociais, de esquerda a dereita, Paula Carrera, Araceli Macías e Tania Sánchez (Estela Baronne)
As educadoras sociais, de esquerda a dereita, Paula Carrera, Araceli Macías e Tania Sánchez (Foto: Estela Baronne)
comentarios