@s independentistas foron condenad@s por delitos de participación en organización terrorista, falsificación de documento oficial e tenza de explosivos.
A importancia da sentenza ditada pola AN decorre de que é a primeira en que se considera probada a existencia de Resistencia Galega como organización armada. Agora é a quenda de o Tribunal Supremo se pronunciar ao respeito.
@s 4 independentistas -Eduardo Vigo Domínguez e Roberto Rodríguez Fialhega, condenados a 18 anos de prisión; Antom Santos Pérez e María Osorio, a 10 anos- negaron a súa pertenza a tal organización e repudiaron o uso da violencia con fins políticos.