Sole Méndez, voluntaria do Prestige: ''Fomos a Madrid co chapapote nun bote. Após tres meses, non crían que quitabamos aínda capachos cheos''

Das 300 mil historias de voluntari@s que limparon chapapote do Prestige, a de Sole Méndez probabelmente sexa a máis mediática. Até Isabel Coixet a quixo incluír no documentario Marea branca, rodado cando van alá dez anos da marea negra. Mais os bocadiños da súa vida escollidos após a edición só retratan unha faciana, a romántica, a da moza de 29 anos que o deixa todo e conduce a súa furgoneta desde Estremadura até Galiza; a da nai de Alegría, a nena do Prestige, como a coñecen en Fisterra, pois o pai tamén foi voluntario. Porén, detrás do rol de nai e da etiqueta de hippie hai outra Sole Méndez.
Sole Méndez Prestige
photo_camera Sole Méndez coa súa filla Alegría nunha imaxe do documental 'Marea branca'
Comentarios