Sobrevivintes do coronavirus exixen unha "vacina popular" accesíbel para toda a poboación

A través dunha carta promovida pola organización People´s Vaccine Alliance demandan á industria farmacéutica que deixe a un lado os intereses económicos. Por iso, queren que os tratamentos que se fabriquen contra o virus non teñan patente.
Unha investigadora traballa nun laboratorio coa vacina do coronavirus. (Foto: Europa Press)
photo_camera Unha investigadora de tratamentos para a Covid-19 nun laboratorio. (Foto: FIDR / Europa Press)

Ao tempo que no mundo superábase o millón de mortos pola Covid-19, sobreviventes do virus procedentes de 37 países fixeron pública unha carta remitida á industria farmacéutica para exixir que faga unha vacina “sen patente”, de maneira que sexa accesíbel para todo o mundo e non dependa do negocio.

A misiva, que é aberta para todas as compañías deste sector, incide na denominación de “vacina popular” para que os tratamentos sexan para toda a poboación mundial en igualdade de condicións unha vez cheguen ao mercado.

“Algúns de nós perdemos seres queridos por esta enfermidade mortal. Algúns de nós achegámonos á morte”, indican as e os redactores deste escrito (242 doentes recuperados, 190 familiares e o resto xente con patoloxías previas que fai que teñan maior risco se contraen o coronavirus).

A pouco tempo de que decorra a Asemblea Xeral da ONU sobre a pandemia en Nova York, na carta din non ver “ningunha xustificación pola que as ganancias ou monopolios deberían xustificar que calquera persoa teña que pasar por isto”.

Enfado coas multinacionais

O texto, que a pesar de estar asinado por unha mínima parte da poboación mundial representa o sentir de moitas persoas máis, lamenta que as corporacións prosigan, no medio desta ameaza sanitaria, “cos seus negocios como de costume, defendendo os monopolios mentres néganse a compartir investigacións e coñecementos”.

Coa súa chamada de atención pretenden que eses intereses queden nun segundo lugar e que “garantan que as vacinas e os tratamentos Covid-19 cheguen a todos os que os que os precisen mediante a prevención de monopolios”.

Apostan nos coñecementos compartidos e na produción masiva. Esta misiva conxunta de carácter reivindicativo foi promovida pola coalición global People´s Vaccine Alliance.


 


 


 

Comentarios