OPE en Educación: Os sindicatos urxen un concurso oposición auténtico

A Consellería de Educación deu a coñecer o número de prazas por especialidade da Oferta Pública de Emprego (OPE) de 2020 para o ensino non universitario. Era unha demanda urxente das organizacións sindicais, moi críticas coas formas da Administración, co modelo selectivo e coa falta de negociación das especialidades e dos postos ofertados. En total, sairán a concurso 2.036 prazas de novo ingreso. 747 para infantil e primaria, 781 para ensino secundario, 363 para formación profesional e 145 para os corpos de artes, música e idiomas.
ope educacion 900
photo_camera Aspirantes a mestras e profesoras examínanse no recinto feiral de Silleda.
Comentarios