Porque o documento, dispoñíbel en liña en https://xornalismoinclusivo.wordpress.com/, tamén achega materiais para “o tratamento informativo de colectivos como os nenos e nenas, as persoas maiores, a comunidade LGTBQI, as persoas migrantes, persoas privadas de liberdade ou persoas con capacidades diversas”. Tamén a respecto da “cobertura de temáticas sensíbeis como a pobreza, o desemprego, as catástrofes e emerxencias, a cooperación internacional o comercio xusto ou o medio ambiente”.
A Guía de linguaxe inclusiva foi realizada polo alumnado da materia Redacción Informativa de Ciencias da Comunicación, impartida polos profesores Xosé López e José Casás. Segundo explican os seus impulsores, o proxecto asume como referencia o blogo do xornalista de La Voz de Galicia Nacho Mirás, morto prematuramente, e “un exemplo no emprego de linguaxes inclusivas e un puntal no combate contra todo tipo de discriminacións”.
A Guía de linguaxe inclusiva é unha iniciativa en marcha que se irá ampliando ao engadir novos colectivos e áreas temáticas “sobre os que construír recomendacións: os suicidios, as adiccións, a prostitución, a moral e a relixión”.